Monday 13 de May de 2024

Clausurada a primeira queda dos campamentos urbanos do Concello de Noia, que rexistrou unha media de 26 anotados


A concelleira de Xuventude, Laura Salgado, asistiu esta mañá á clausura da primeira quenda dos campamentos urbanos de conciliación organizados polo

Concello de Noia para os meses de xullo e agosto. Unha iniciativa na que participaron 26 nenos e nenas en idade escolar, de 4 a 12 anos, e que se desenvolveu no polideportivo Agustín Mourís, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Durante a semana, a rapazada tivo unha serie de divertidas actividades, sempre organizados por tres grupos de idade: body jump, xogos de auga, zumba, xincana por Noia, obradoiro de elaboración de chapas…ademais das actividades deportivas propias das “Olimpíadas populares”, que dan nome aos campamentos deste ano.
Laura Salgado lembra que aínda está abertas as inscricións nas dúas próximas quendas: do 27 de xullo ao 7 de agosto e do 10 ao 21 de agosto. O prezo é de 40 euros por quenda e as anotacións poden formalizarse no segundo andar da casa do concello de Noia, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Máis información na Concellería de Deportes ou chamando aos teléfonos 981 842 100 e 981 377 703.